Grupo de conversación en alemán

aleman

¿Sabías que na biblioteca tamén temos un grupo de conversación en alemán? ¡Pois sí!  Si che interesa o idioma alemán, dende a biblioteca botámosche unha man: podes vir aos grupos de conversa en alemán que se celebran todos os mércores na biblioteca, entre as 18:30 e as 19:30*. Non tes que inscribirte previamente: soamente tes que presentarte aquí no horario indicado e participar libremente co resto dos participantes.

Esta actividade está dirixida a todas as persoas que xa teñan un certo dominio da lingua alemá, que queiran perder o medo a falar nese idioma, ou simplemente practicar os seus coñecementos nun ambiente distendido e informal. Non se trata de clases de idioma, senón un espazo no que conversar con outras persoas interesadas.

Mencionar que se trata dun grupo de conversa libre, sen presencia de coordinador e para o cal xa contamos con varios participantes. Tamén temos que dicir a que no grupo de alemán hai moi bo rollo entre os participantes, polo que ademais de compañeiros de idioma pode que tamén saias do grupo con bastantes amigos. Así que, si o estás pensando, non o penses máis e fala connosco para participar nos grupos de conversación en alemán de 2018.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s