Aldiko, unha app para ler no móbil

aldiko

Hoxe coñecemos una aplicación para lectura electrónica nos nosos móbiles Android. Trátase de Aldiko Book Reader, un dos mellores software para ler en dispositivos móbiles arquivos en formato ePUB pero tamén PDF con ou sen protección DRM Adobe. O programa ten actualmente unha puntuación en Google Play de 4.2, o que non está nada mal.

Aldiko é unha app moi fácil de usar, cunha interface sinxela, e permite unha lectura completamente personalizable que permite escoller o tamaño do texto, a fonte ou as cores de letra, pero tamén as cores do fondo, personalizar os marxes, o aliñado, o interliñado ou a luminosidade da interface. Incluso ten un modo nocturno de lectura.

Unha das funcións máis útiles desta app é que permite memorizar onde deixaches a túa última lectura, o que permite que poidas continuar no mesmo punto a próxima vez que entre na aplicación. Pero tamén podes crear os teus propios marcadores e pasar facilmente dunha a outra sección grazas a unha táboa de materias. Aldiko tamén posúe un dicionario incluído para as definicións das palabras, e incluso podes marcar e anotar o contido do texto, iso sí, na súa versión de pago.

Aldiko ten unha versión gratuíta moi completa

Porque hai que mencionar que unha das fortalezas desta app é que a versión gratuíta é completísima, aínda que podemos acceder a máis servizos a través da súa versión de pago por tan só 5,49€.

Crear a túa propia biblioteca de lecturas é doado con esta app, xa que podes os arquivos PDF e ePUB directamente desde o teu correo electrónico ou desde Dropbox, e mesmo é compatible coa descarga de ebooks desde o catálogo de moitas bibliotecas . Ademais, podes acceder a un gran catálogo de libros dixitais desde a librería Feedbooks que propón best-sellers, novidades e libros gratuítos de dominio público.

En fin, unha aplicación de lectura electrónica para dispositivos Android moi recomendable. Podedes descargala directamente desde Google Play neste enlace.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s