¡Encantados quedamos! Co motivo do Día do Libro organizamos un roteiro guiado polos populares barrios porriñeses de San Benito e San Sebastián, conducido pola historiadora porriñesa Rebeca Leboso.
Comezou a actividade cunha charla introductoria no auditorio da biblioteca, onde se reuniu un nutrido grupo de veciños e veciñas con gañas de coñecer máis sobre estes barrios: a súa historia, os seus elementos patrimoniais, o seu sabor.
Logo realizamos a visita guiada acompañados por un sol estupendo. Aprendemos moitísimas cousas novas sobre o barrio e os seus bens patrimoniais, como o quiosco de música, as dúas capelas, o templete de Palacios, o cemiterio… Entre as informacións que máis sorprenderon estivo a presencia de muiños de agua frente ao desaparecido bar O Chocolateiro, ¡quen o pensaría! ¡E tuvimos a oportunidade de visitalos!
Grazas a todas e todos pola súa participación, e en especial a Rebeca Leboso, pola súa colaboración, as explicacións proporcionadas e por ter que facer o percorrido en cadeira de rodas 😅.