Programación da Feira do Libro

feira

¡Xa temos a programación completa para a Feira do Libro do Porriño! Trátase dun evento que organizamos por terceiro ano consecutivo e que este ano se celebrará entre o xoves 10 de maio e o domingo 13 de maio de 2018. Unha feira que poñemos en marcha xunto coa Federación de Librarías de Galicia co obxecto de darlle visibilidade ao libro e conectar ao cidadán co traballo das librarías. Para iso, sacaremos o libro á rúa desenvolvendo distintas actividades paralelas para todos os públicos.

Así, ao longo deses 4 días teremos unha morea de experiencias, con presentación de libros, sinaturas de libros, música, recitais, performance, contacontos, obradoiros, charlas e outras actividades. Todo un amplo programa articulado arredor da animación á lectura e a promoción do libro co que, ao longo dunha semana, O Porriño volverá a ser epicentro galego do libro.

A feira desenvolverase na praza do Concello e Rúa Ramón González en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e tarde (de 17:00 a 21:00 horas), onde se sucederán as distintas actividades e estarán instaladas as casetas das librarías porriñesas Copi-Rey, Paz e Recondo, xunto con outras como libraría Lafer (Vigo), libraría Pedreira (Santiago de Compostela) e distintas editoriais. Alí poderedes comprar os vosos libros, e distintos autores e autoras estarán asinando as súas obras.


XOVES 10 DE MAIO

19:10    Actuación do Grupo Tradicional da Escola Municipal de Música do Porriño

19:30    Acto de inauguración da Feira do Libro
Interveñen Pilar Rodríguez (Presidenta da Federación de Libreiros de Galicia), Xosé Leal Fariña (Deputado de Cultura), Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura) e Eva García de la Torre (Alcaldesa do Porriño).

19:45    Pregón de Lois Pérez
Lois Pérez é un mindoniense narrador de historias, humorista, poeta e dramaturgo. Ten publicado dous libros de poesía: LP (2013, Emerxente) e Long Play (2017, Xerais).

20:00    Presentación-recital de “Long Play”, de Lois Pérez
O  autor presenta o seu segundo poemario, e despois levará a cabo un recital.


VENRES 11 DE MAIO

11:00    Os alumnos e alumnas do CEIP de Atios visitan a feira con Fátima Fernández

17:00    Joaquín Acuña asina “Los días cortados” na caseta da Librería Paz
O autor nacido en Cangas do Morrazo, presenta a súa novela, unha tráxica historia que describe un tempo xa pasado, e como as tradicións dos pobos poden chegar a truncar a vida dos mozos.

17:30    Performance do Príncipe namorado da Cincenta
O príncipe do conto da Cincenza anda a buscar un pé que lle sirva ao seu zapato de cristal

19:00    Presentación-concerto de “As andanzas de Paio” con Oviravai, por Galaxia Editora
Espectáculo musical infantil protagonizado por tres divertidos personaxes -Roni, Kiko e Chamuco -, que, xunto con Paio e a súa banda de musicólogos, interpretan as cancións do famoso libro-disco do grupo Oviravai.


SÁBADO 12 DE MAIO

12:30    Narración oral para bebés: “Comerá o bebé?” con Cris de Caldas & Xabi do Camiño
Esta dúbida fai de fío condutor desta actividade de animación á lectura. Igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a comida, na actividade utilízanse os contos e a música para chegar ao seu obxectivo. Recomendado para bebés de entre 0-3 anos.

17:00    Ricardo Canosa asina “La próxima crisis global” na caseta da libraría Paz
O autor porriñés, autor de “Manual de economía para ciudadanos indignados”, asina a súa segunda obra, que tenta analizar o sistema económico actual no que vivimos e cuestiona a súa sustentabilidade. 

18:00    Contacontos: “Teatro na mochila” con Anxo Moure
Novidoso, singular e imaxitivo proxecto de animación e contacontos. O primeiro teatro do mundo que viaxa nunha mochila reutilizada, unha proposta de animación a lectura con contos, monicreques, paiasos…. Recomendado para maiores de 3 anos.

19:00    Obradoiro de creación de personaxes con Teo Palacios
O escritor, asesor editorial e profesor de narrativa desenvolverá na feira un obradoiro para que os escritores melloren as súas competencias na escrita.

20:00    Recital de poesía con Cristina Valado. Posterior sinatura de libros
Recital de poesía da escritora viguesa. Tamén asinará o seu libro “Diosa de fuego”, unha obra con poemas que transitan entre sentimentos de amor, odio, paixón, soidade ou rancor.


DOMINGO 13 DE MAIO

12:30    Contacontos: “Cantares das Letras de Rosalía a Victoria Moreno”, por Luís Vallecillo
Actuación infantil de música e teatro, que homenaxea a Victoria Morena e fai un percorrido pola historia das Letras Galegas, cun tono desenfadado e divertido.

18:00    Contacontos: “Libros da titiriteira” por Celtia Figueiras
Espectáculo infantil que mestura os títeres cos contacontos. Grandes Libros que conteñen no seu interior pequenas historias nas que todo é posible.

19:00    Ledicia Costas asina “As peripecias de Extravaganzza Pérez” de Edicións Xerais
A coñecidísima autora de Escarlatina e Esmeraldina, asina o seu novo libro na feira, pero tamén os seus libros anteriores.

20:00    Falando de libros con… Clara do Roxo
Escritora, profesora de escritura creativa e narradora, autora de varios libros de literatura infantil e xuvenil, Clara estará connosco falando de libros e escritura.

 

AF Cartel Porriño 28x48


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s