Este ano volvemos organizamos novas xornadas de formación para os nosos usuarios e usuarias. ¿De que van estas xornadas de formación? Pois sirven para aprender a usar a biblioteca e os seus recursos, sacándolle todo o partido. Aprenderás como buscar e localizar libros e pelis, o noso sistema de clasificación, todas as posibilidades do catálogo e do teu espazo personal, os servizos da páxina web… Información da máxima utilidade si es unha persoa activa na biblioteca e queres gañar en autonomía e precisión.
Estas sesións están pensadas para grupos reducidos de persoas adultas (15 persoas), é necesario inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 986337624 , e teñen preferencia as persoas empadroadas no Porriño.
Ao longo do 2018 as convocatorias serán nas seguintes datas e horarios:
- Grupo 1: luns 5 de marzo (18:30-20:00)
- Grupo 2: luns 28 de maio (18:30-20:00)
- Grupo 3: luns 12 de novembro (18:30-20:00)
*Photo by rawpixel.com on Unsplash