O 27 de maio se celebra o “Día Nacional do Celíaco”. A biblioteca do Porriño quere contribuír á sensibilización cara esta enfermidade, polo que organizamos, por segundo ano consecutivo, unha actividade destinada a aportar formación, información e ferramentas prácticas ás persoas celíacas do noso concello.
Para iso, en colaboración con ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia), organizamos un obradoiro de cociña sen glute co tema: salgados, doces e cumpleanos infantís. Trátase dunha actividade didáctica á vez que informativa e de sensibilización. Nela, os participantes aprenderán a elaborar pratos salgados e doces, e ensinarase como usar a imaxinación para preparar un menú sen glute para un cumpleanos infantil ou unha festa infantil calquera.
As datas escollidas son o mércores 30 e xoves 31 de maio, entre as 17:00 e as 20:30 horas. A actividade está pensada para un público familiar (pais, nais, nenas e nenos a partir de 6 anos) e se celebrará nas instalacións de cociña do Centro Multiusos de Torneiros.
É necesaria inscrición previa, presencial na biblioteca ou telefonicamente (986337624). As prazas están limitadas, e terán preferencia as persoas empadroadas no Porriño.
One thought on “Obradoiro de cociña sen glute”