Novo libro do IES Pino Manso

pinomanso

Novo libro do IES Pino Manso, que está pero que moi activo festexando o seu medio século de existencia. Esta semana presentouse no noso auditorio a obra “IES Pino Manso. O Porriño: 1966-2016, 50 anos de ilusións”, un libro contundente patrocinado polo Concello do Porriño e escrito polos profesores Mercedes Bangueses Vázquez, Juan Aguilar Madrazo e José Ramón Iglesias Veiga.

A obra, con 358 páxinas e numeroso material fotográfico, fai un repaso pola historia deste centro de ensino, analizando o contexto socioeconómico e cultural do seu nacemento, as súas características edificatorias en relación con outras arquitecturas escolares do Porriño e da bisbarra viguesa, para máis tarde facer un repaso polas súas cinco décadas de historia e as actividades desenvolvidas en relación co seu aniversario.

Como temos comentado, o libro inclúe centos de imaxes. Moitas delas retratan as diferentes promocións de porriñeses e porriñesas que foron pasando polas súas aulas, as diferentes excursións e viaxes, os profesores, os numerosos actos e efemérides que se foron sucedendo no tempo. De seguro que un bo número de ex-alumnos e ex-alumnas poderán identificarse nas fotos e nos textos.

Parabéns ao centro educativo e aos seus autores por esta nova obra que dentro de pouco estará á vosa disposición nas nosas estanterías.

35653546_1859287734373443_4978351117403422720_o
Presentación do libro (foto: FB do Concello do Porriño)

 

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s