Todas as novelas de Dicker

Joel-Dicker-31

Acabamos de incorporar á nosa colección a última novela do famoso escritor Joël Dicker, “La desaparición de Stephanie Mailer” (Alfaguara, 2018). ¿Gústache Dicker? A nós e á nosa “clientela” si. E podemos dicir que os seus son dos libros máis prestados do noso fondo.

Aproveitando esta incorporación, falamos un pouco do seu autor. A pesar dos seus 33 anos, o autor xa se ten convertido nun dos escritores máis importantes da actualidade, grazas ás súas novelas tremendamente orixinais e entretidas. Angloparlante, nacido en Xenebra (Suiza) no 1985, fillo dunha bibliotecaria (mira ti que apropiado…) e dun profesor de francés, a vida académica de Dicker non destacou para nada: estudante de medio nivel, clases de Arte Dramática e graduado en Dereito en Xenebra no 2010. Sen embargo, destaca que con 10 anos de idade, o mozo Dicker xa tiña fundado unha revista, “A revista dos animais”, que seguiría producindo ao longo de sete anos. De feito, a súa labor nesa revista infantil, recibiría o galardón “Prix Cuneó” á protección da Natureza, sendo o rapaz nomeado como o editor en xefe máis novo de Suiza polo Tribune de Genève.

Aos 19 anos escribe a súa primeira obra literaria, o relato “O tigre”, para presentala a un concurso. O conto gaña o certame, pero, cosa curiosa, cando o tribunal descobre que foi escrita por un mozo de 19 anos decide retirarlle o premio: a causa, que dubidan que un rapaz desa idade puidera escribir un relato de tanta calidade. Acúsano de plaxio. Aínda que máis tarde se recoñece a súa autoría e o relato gañará tamén o “Premio Internacional para mozos autores francófonos”.

Coa súa primeira novela, “Os últimos días dos nosos pais”, unha historia de espías, gaña o Prix des Ecrivains Genevois no 2010, e coa súa terceira obra, “A verdade sobre o caso Harry Quebert” (2012), Dicker consegue o éxito internacional. Arrasa en ventas, é traducida a 33 idiomas e gaña o Gran Premio de Novela da Academia Francesa e o Premio Goncourt de Estudantes no 2012.

Dicker recréase nun estilo que ten sido descrito como un cruce entre Larsson, Nabokov e Philip Roth, estilo que reproduce na súa cuarta obra, “O libro dos Baltimore” (2015), que continúa a acción narrativa da anterior, e que volve a arrasar na crítica e no público, conseguindo máis de catro millóns de lectores.

Novidade destacada nas librarías, a nova obra de Dicker, “A desaparición de Stephanie Mailer” xa se atopa entre os libros máis vendidos do verán, e nós estamos ansiosos por devorala. Na biblioteca do Porriño tedes toda a produción literaria de Dicker, un autor que sempre recomendaremos para gozar da lectura.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s