Temos unha nova exposición bibliográfica no Recuncho da biblioteca. O seu título: “Unha habitación sen libros é como un corpo sen alma“.
Nela queremos expresar como os libros sempre ocupan un recunchiño no noso corazón e na nosa alma, e sen eles sentímonos espidos, baleiros. Unha habitación sen libros éche como un corpo inánime. E así o adiantou Marco Tullius Cicero (alias “Cicerón”) hai xa unha morea de séculos, alá pola República Romana, cando non había posibilidade de ter os libros metidiños todos nun aparello electrónico e os libros mantiñan todavía a súa rotunda presencia nunha estantería. Que para eso un libro tamén se pode chamar “volume”.
Poderíamos dicir que esta foi a exposición máis fácil de montar, pero como toda labor intelectual que se preze, foi, quizáis, a máis difícil de pensar. E que nas bibliotecas haiche moito intelectual.