A semana pasada saíron da biblioteca varias decenas de caixas máis do programa “Ler ao teu bebé“. Sabemos que moitos estades de vacacións nestas datas e fixemos un “pause still”, dado que as caixas entréganse en man e a domicilio. Total, que tantas nenas e nenos están a nacer no noso pobo que se nos tiñan acumulado unha morea delas. E a semana pasada comezamos a envialas de novo. Sentimos a espera, xa que sabemos que moitas nais e pais estaban esperando por elas.
Mencionar, para os que non esteades ao tanto, que “Ler ao teu bebé”, é un programa de alfabetización temperán que levamos a cabo dende a biblioteca, que pretende formar & informar & entreter ás novas familias do noso concello a través da lectura. Unha cousa chula.
Ao final deste ano publicaremos as cifras de 2018, ano no que, de novo, estamos a bater récords.