Aproveitamos o verán, e o menor trasfego de usuarios e usuarias, para facer distintos traballos que tiñamos pendentes a pé de obra. Así por exemplo, estamos dándolle un lustre ás estanterías. Reordenando os fondos, recatalogando ás veces, expurgando, completando coleccións, repoñendo exemplares deteriorados, etc.
Ademais da necesaria xestión e actualización da nosa colección, o resultado máis visible destas arduas tarefas que continuarán no tempo son unhas estanterías máis lucidas. Todo o ano nutrindo de libros á biblioteca producen estanterías ateigadas, que moitas veces “espantan” ás usuarias e usuarios. Sabemos que é difícil escoller entre tantas obras e por iso queremos facilitarvos as cousas. A partir de agora poderes atopar os vosos libros de maneira máis doada en acceso directo. Agora temos unhas estanterías máis amigables e atractivas.