Este xoves 27 de setembro, ás 18:00 horas, volvemos cunha nova edición de Biblioteatro, a nosa programación de teatro infantil na biblioteca do Porriño. Nesta ocasión acompañaranos a compañía Migallas Teatro coa súa obra “Contos nas orellas“.
Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación…
Contos nas orellas é unha actividade para todos os públicos, de 50 minutos de duración, onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.
Entrada libre ata completa aforo.
Idade recomendada: +4 anos.