Volven a convocarse os grupos de conversación en inglés para este mes de outubro: as sesións celébranse na biblioteca os martes 9, 16, 23 e 30 de outubro. Coma sempre, organizamos os grupos en dous niveis de aprendizaxe: un grupo de nivel básico (horario 18:00-19:00 horas) e outro grupo de nivel medio (19:00-20:00 horas).
Trátase dunha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral para os participantes, a través dun grupo de conversación guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversan entre eles, coa guía e asesoramento dun titor que os corrixe e guía ao longo dunha hora.
Unha maneira divertida de aprender e mellorar o nivel de inglés.
Os grupos son reducidos, de entre 6 e 10 persoas como máximo, coa posibilidade de inscribirse en lista de agarda unha vez que se complete o cupo. Trátase dunha actividade gratuíta, pero é necesario ter a condición de persoa socia da rede de bibliotecas de Galicia, e teñen preferencia as persoas empadroadas no Porriño. Para formalizar as inscricións podes vir ás nosas instalacións ou ben chamar por teléfono (986337624).