Mesa redonda no Día das escritoras

mulleres

O próximo luns 15 de outubro, ás 19:00 horas, organizamos unha charla e mesa redonda co título “Mulleres rebeldes e transgresoras“, na que intervirán as escritoras galegas María Xosé Porteiro e María Xosé Queizán. Con esta charla a Biblioteca do Porriño participa na celebración do Día das Escritoras convocada pola Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias  e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM).

Trátase dunha efeméride que se organiza por terceiro ano consecutivo, e pretende difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano, e recordar as dificultades que impediron tanto o desenvolvemento da súa obra como o xusto recoñecemento á súa labor cultural.

Nesta ocasión, o fío condutor sobre o que xiran as actividades é a rebelión das mulleres. A necesidade de rebelarse contra o sometemento intelectual e a denuncia por ser consideradas como cidadáns de segunda cruza a obra de moitas escritoras fomentando un novo orde social máis xusto e equitativo. Así o afirma a comisaria da celebración, a xornalista e escritora Joana Bonet.  Historiar a rebelión das mulleres – continúa – render homenaxe á súas protestas escritas é un xeito de recordar que a liberdade sexual actual é unha consecuencia de sucesivas rupturas. O feminismo, a liberdade sexual e a defensa duns ideais humanistas, así como as contradicións entre o ser e o parecer, que a cotío as conducen a saltarse o guión, son cuestións plantexadas nesta III edición do Día das Escritoras.

Mencionar que todas as actividades programadas para este día poden ser consultadas a través da web http://diadelasescritoras.bne.es/

*Photo by Drop the Label Movement on Unsplash

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s