Este xoves 25 de outubro temos unha nova sesión de “Biblioteatro”, a nosa programación de teatro infantil na biblioteca. Nesta ocasión actuarán Os tres tenedores, coa súa función “O pobre Ton”, unha obra que narra a historia de Ton. Dende que naceu, Ton foi un rapaz diferente, e os diferentes moitas veces non son ben acollidos. Diversas aventuras e desventuras farán que tome unha decisión que cambiará para sempre a súa vida.
Trátase dunha obra recomendada para nenos/as a partir dos 3 anos de idade, ás 18:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.