En xeografía, a “antípoda” é o lugar da superficie terrestre situado diametralmente oposto a outro. A palabra deriva de “anti-” (“oposto”) e “pus” (“pé”): é dicir, viría a significar “o pé oposto”. O exemplo máis coñecido é o de que si caváramos un túnel que atravesara en liña recta toda a Terra, a lugar de saída sería a antípoda do lugar de entrada.
Pois ven, a través dunha interesante ferramenta online temos localizado as antípodas do Porriño, que veñen caendo en Nova Zelandia, en concreto no “Paparoa National Park“, un enorme parque natural de 308 km cadrados situado na costa este da illa sur de Nova Zelandia. En concreto, “as antípodas” da praza do Concello do Porriño, o punto exacto oposto da terra vería sendo un lugar no bosque (latitude:S 42° 9′ 41.3392″, lonxitude: E 171° 22′ 32.1522″) a carón do Punakaiki River, e temos foto do sitio.
¿A que está chulo?
As antípodas do Porriño en mapa xeral:
E se nos achegamos un pouquiño máis: