Temos unha nova exposición bibliográfica no Recuncho da biblioteca, que, como sabedes (ou non) é o moble expositivo no vestíbulo da biblioteca. Como xa pasou o Samaín, estamos xa preparando a tempada de Nadal, razón pola cal ofrecemos una selección de libros infantís e xuvenís sobre o Nadal, para que vaiades facendo boca.
Coma sempre, os libros están dispoñibles para consulta e préstamo.