Calendario 2019 do libro e da lectura

calendarioLetras2019

 

Aínda non rematamos o ano 2018 e xa estamos preparando o ano 2019. A Xunta de Galicia acaba de remitirnos o calendario 2019 do libro e da lectura, unha programación con múltiples efemérides relacionadas co mundo dos libros, da lectura, das bibliotecas e dos escritores e escritoras.

Destacar que o Día das Letras Galegas 2019 estará dedicado a Antón Fraguas

Grazas a este calendario, as bibliotecas e outras institucións podemos preparar os nosos actos e actividades para facelos coincidir con datas sinaladas. Estas son os días e os temas escollidos para 2019:

  • 11 de xaneiro: Día do usuario/a das bibliotecas
  • 30 de xaneiro: Día da ilustración (aniversario do nacemento de Castelao)
  • 21 de febreiro: Día da lingua materna
  • 24 de febreiro: Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
  • 20 de marzo: Día da narración oral
  • 21 de marzo: Día da Poesía
  • 27 de marzo: Día do Teatro
  • 1 de abril: Día das Artes Galegas (Luis Seoane)
  • 2 de abril: Día do Libro infantil e xuvenil
  • 23 de abril: Día do Libro
  • 26 de abril: Día da Propiedade Intelectual
  • 3 de maio: Día da liberdade de prensa
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas (Antón Fraguas)
  • 9 de xuño: Día dos Arquivos
  • 26 de xullo: Día da Comprensión Lectora
  • 8 de setembro: Día da Alfabetización
  • 26 de setembro: Día Europeo das Linguas
  • 30 de setembro: Día da Tradución
  • 16 de outubro: Día das Escritoras
  • 24 de outubro: Día da Biblioteca
  • novembro: Día das Librarías
  • 17 de decembro: Día da edición (nacemento de Ánxel Casal)

Descarga directa do calendario


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s