Biblioteatro: Tanxarina Títeres

CONTALOUCOSa

O próximo xoves 27 de decembro, ás 18:00 horas, temos a última actuación dentro do noso ciclo Biblioteatro de 2018. Trátase de “Contaloucos” da compañía Tanxarina Títeres. Como sempre, será de entrada libre ata completar aforo. A idade recomendada da obra é a partir dos 7 anos.

“Contaloucos” é un espectáculo tolo, tres tolos titiriteiros presentan unha tolería de representación para escenificar dous contos escollidos da literatura máis universal e contemporánea. Monecos das máis diversas técnicas contan historias que falan de cousas de agora mesmo, con todo o sabor dos contos tradicionais: unha guerra, un trasno, o antimilitarismo, o valor da amizade, tres portas e un concurso, sapos e mariñeiros… e unha chea de sorpresas. Dúas historias relatadas con animacións diversas e traballo de actores, nun divertido e permanente xogo escenográfico cheo de gags imaxinativos e situacións cómicas.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s