Alfabetización dixital para maiores

obradoirodigital

Os cursos de alfabetización dixital para maiores da Biblioteca do Porriño están pensados para a formación no uso das tecnoloxías da información e comunicación para poboación adulta en risco de exclusión dixital: é dicir, para persoas maiores con escasos coñecementos sobre o uso de ordenadores.

Trátase de cursos personalizados, para grupos reducidos dun máximo de 6 persoas, coa finalidade de que os participantes lle saquen todo o partido posible. Pola mesma, cada curso desenvolverase ao longo de 10 sesións de hora e media cada sesión (os mércores entre as 9:30 e as 11:00 horas).

Os contidos a tratar son os seguintes

  • Nivel I: funcionamento básico dun ordenador
    • O rato
    • O teclado
    • Escribir un texto
    • Gardar e organizar a información: arquivos e carpetas
    • Introdución a internet
  • Nivel II: internet
    • Navegar por internet e buscar información
    • Xestións básicas por internet: cita médica, ITV, xestións coas administracións…
    • Descargar documentos e imaxes
    • Gardar e organizar a información: marcadores
    • Aplicacións en internet: youtube, traductor, correo electrónico…
    • Acceso a internet desde o móbil.
  • Nivel III: correo electrónico
    • Crear unha conta
    • Manexo básico do correo electrónico
    • Escribir e recibir mensaxes
    • Crear contactos
    • Ferramentas asociadas ao correo electrónico: calendario e documentos da nube.

Para o ano 2019 convocamos tres edicións deste mesmo curso:

  • 1º edición: 16, 23, 30 de xaneiro; 6, 13, 20, 27 de febreiro; 6, 13, 20 de marzo
  • 2º edición: 27 de marzo; 3, 10, 17, 24 de abril; 8, 15, 22, 29 de maio; 5 de xuño
  • 3º edición: 2, 9, 16, 23, 30 de outubro; 6, 13, 20, 27 de novembro; 4 de decembro

Para poder participar neles é necesaria a inscrición previa na biblioteca ou chamando ao teléfono 986337624, así como ter a condición de persoa socia da Rede de bibliotecas de Galicia-Koha. Trátase dunha actividade gratuita e as prazas cóbrense por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas no Porriño. As persoas que non sexan do Porriño entrarán nunha lista de agarda.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s