Agora que rematou o 2018 xa podemos empezar a realizar valoracións e estatísticas do noso servizo. Iremos publicando varias delas pouco a pouco para que vos fagades unha idea das nosas cifras, que son realmente espectaculares.
Falando dos préstamos (¡máis de 23.000 préstamos no ano 2018!!!!), unha das estatísticas que vos resultará máis interesante é a das novelas máis prestadas no Porriño durante o ano pasado. Ollo, estamos falando de novelas, non da lista xeral de exemplares prestados, que encabeza claramente o manga con préstamos de máis de 300 exemplares por colección. De feito, para atopar a primeira novela (Más allá del invierno) teremos que ir ata o posto dez da clasificación.
Aí van as nosas cifras, o top 15 das novelas máis prestadas no Porriño durante o ano 2018:
Novelas máis prestadas no Porriño no 2018:
- Más allá del invierno / Isabel Allende (34 préstamos)
- Las hijas del capitán / María Dueñas (29 préstamos)
- Una columna de fuego / Ken Follet (27 préstamos)
- Origen / Dan Brown (27 préstamos)
- Los ritos del agua / Eva García Sáenz de Urturi (26 préstamos)
- El fuego invisible / Javier Sierra (23 préstamos)
- Niebla en Tánger / Cristina López Barrio (22 préstamos)
- Patria / Fernando Aramburu (19 préstamos)
- Ollos de auga / Domingo Villar (18 préstamos)
- Fuimos canciones / Elisabet Benavent (18 préstamos)
- Legado en los huesos / Dolores Redondo (18 préstamos)
- Bajo cielos lejanos / Sarah Lark (17 préstamos)
- Los pacientes del Doctor García / Almudena Grandes (17 préstamos)
- Seremos recuerdos / Elisabet Benavent (17 préstamos)
- Mil veces hasta siempre / John Green (16 prestamos)
One thought on “As novelas máis prestadas do 2018”