Os libros infantís máis prestados no 2018

maisprestados

Continuamos coa difusión dos datos que nos deixou o ano 2018 na biblioteca do Porriño. Se nun post anterior falabamos das novelas máis prestadas ao longo do ano, tócalle agora a quenda aos libros infantís que máis se prestaron na nosa biblioteca durante o 2018.

Deixando de lado os DVDs infantís, que arrasan entre os nosos usuarios e usuarias máis pequenas, os exemplares máis prestados son as personaxes pertencentes a distintas coleccións. Greg triunfa de modo absoluto, seguido por Martina e, xa a bastante distancia, os contos do polo Pepe que arrasan nas idades máis pequenas. En total, aí van as nosas cifras:

Top 15 libros infantís máis prestados no Porriño no 2018:

  1. Volando voy (Diario de Greg 12) / Jeff Kinney (35 préstamos)
  2. Cocorico / Marisa Núñez (22 préstamos)
  3. Carretera y manta (Diario de Greg 9) / Jeff Kinney (20 préstamos)
  4. ¡Aventuras en Londres! (La diversión de Martina 2) / Martina D’Antiochia (16 préstamos)
  5. Misterio na horta / Lawrence Schimel (15 préstamos)
  6. Paco Papán / Patacrúa (15 préstamos)
  7. Un desastre de cumpleaños (La diversión de Martina 1) / Martina D’Antiochia (15 préstamos)
  8. ¡A por todas! (Diario de Greg 11) / Jeff Kinney (14 préstamos)
  9. O sorriso de Daniela / Carmen Gil (14 préstamos)
  10. ¡Esto es el colmo! (Diario de Greg 3) / Jeff Kinney (14 préstamos)
  11. Días de perros (Diario de Greg 4) / Jeff Kinney (14 préstamos)
  12. O coelliño branco / Xosé Ballesteros (14 préstamos)
  13. Mariluz Avestruz / Rachel Chaundler (14 préstamos)
  14. El monstruo de colores / Anna Llenas (13 préstamos)
  15. El pollo Pepe y el huevo / Nick Denhfield (13 préstamos)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s