Curso sobre ferramentas de Google

google

Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolve un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e personal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante.

Hoxe presentamos e convocamos un Curso básico sobre ferramentas de Google. Google ten a vantaxe de que con só unha conta e un só contrasinal, podemos acceder a todas as súas aplicacións de forma gratuita (a cambio de cederlle os nosos datos persoais). Por tanto, ao acceder a calquera destas, non só o podemos facer cun mesmo usuario, senón que podemos compartir os datos entre aplicacións (por exemplo, Google Drive). Este curso servirá para aprender a utilizar as ferramentas gratuítas de Google (Google Drive, Calendar, Keep, Docs, Formularios, etc).

O curso desenvolverase en 4 sesións, os xoves de 18:00 a 20:00 durante os días 15, 22, 29 marzo e 5 de abril. Trátase dun curso para un grupo reducido de ata 10 persoas, polo que é necesario inscrición previa (de forma presencial na biblioteca, ou a través do teléfono 986337624) e a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. Os participantes deben ter coñecementos básicos de internet e informática.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s