Este xoves ás 18:00 temos unha nova actuación dentro do programa de animación á lectura da Biblioteca do Porriño, A Contateca.
Desta volta será un espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos de idade, que desenvolverá Carlos Coira, e titulado “Abrabebé“.
Partindo dos libros que forman a colección “Conto cinco sentidos” da editorial OQO, articúlase este espectáculo para bebés onde se xuntan a maxia, o clown, o xogo con obxectos e a lectura en voz alta para facer unha viaxe polo mundo dos sentidos gozando do xogo e dos libros.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 35 min.
Idade recomendada: 0-3 anos