Este xoves 21 de febreiro ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará a compañía Donde viven los cuentos, con Monstruosas emocións.
Monstruosas emocións é un contacontos-obradoiro de intelixencia emocional baseado no famoso libro “O monstro de cores” de Anna Llenas. Tomando como base o texto e a idea deste conto, os nenos e nenas irán recoñecendo as distintas emocións (alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor) a través de diferentes xogos e dinámicas que se porán en marcha ao longo da función.
Caracterízase por ser unha actividade moi dinámica e interactiva. Tantos os nenos e nenas, como as súas nais e pais, levaranse material para casa e así poderán seguir traballando no tema nas súas familias.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 60 min.
Idade recomendada: 0-8 anos