Rematou o curso de lingua de signos

Lingua de signos (3)

O pasado venres rematamos o curso básico de lingua de signos. Foron 20 sesións durante os meses de febreiro e marzo, onde as 15 persoas participantes puideron aprender as bases de comunicación coa lingua propia da comunidade xorda.

Era a primeira vez que organizábamos un curso deste contido, e cabe mencionar que foi un rotundo éxito. As prazas esgotáronse moi rápido e lamentablemente quedaron fora moitísimas persoas que estaban interesadas en facelo. Razón pola cal na próxima programación tentaremos incluír unha nova convocatoria, quizais para varias edicións e con diferentes niveis.

Gracias a todos e todas as persoas que participaron no curso, e á titora, Aránzazu. Ah. antes de marchar querían dicirvos algo:

Tradución:  “Boas tardes, aprender lingua de signos é importante, animámosvos a vir [aplausos]”


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s