Nova publicación do investigador porriñés Paz Antón

IMG_20190228_195516837

Incorporamos unha nova obra ao noso fondo local. Trátase de “A tradición oral en Salceda de Caselas“, do investigador porriñés Xosé Ramón Paz Antón, que se achegou á nosa biblioteca para doarnos dous exemplares desta a súa nova publicación.

Trátase dun extenso estudo sobre o patrimonio inmaterial do concello veciño, editado pola Deputación de Pontevedra e escrito en dous volumes. O primeiro volume, “Descricións“, é froito dunha recolleita de materiais de hemeroteca, entrevistas, arquivos, fotografías e bibliografía, reunindo a análise sobre un conxunto de tradicións como o ciclo de Nadal, o entroido, os instrumentos musicais, a danza, a emigración, os seráns, o cancioneiro, etc. Inclúe tamén unha extensa colección de fotografías do AMI de Salceda.

O segundo volume, “Catálogo“, recolle un enorme conxunto de coplas populares, romances, cantos de cego, melodías instrumentais de gaita, cantos infantís e outras obras relacionadas co canto e co baile. Tamén outras expresións do folclore popular e un CD con vídeos e audios.

Queremos darlle os parabéns a Paz Antón pola súa excelente investigación e pola exhaustiva publicación que ven de publicar, e as grazas pola súa doazón. Xa podedes consultar “A tradición oral en Salceda de Caselas” na nosa biblioteca.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s