Contacontos: Raposadas, de Raquel Queizás

raposadasPNG

Este xoves 14 de marzo ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Raquel Queizás, coa función Raposadas.

Raposadas consiste nunha selección de contos populares de tradición oral de Galicia. Os contos están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. A través de eles se fomenta o respecto pola natureza, usando adiviñas, xogos e cancións.

Entrada libre ata completar aforo
Duración: 50 min.
Idade recomendada: 3-12 anos


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s