Mañá xoves 14 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio do Centro Cultural, presentarase o libro “Arquitectura rexionalista galega. A. Palacios, Gómez Román e outros“, un novo estudo sobre o arquitecto porriñés Antonio Palacios.
A presentación correrá a cargo do seu autor, Xosé Ramón Iglesias Veiga, que ademais de ser un dos maiores especialistas sobre Palacios, foi tamén durante moitos anos profesor do instituto porriñés IES Pino Manso. Agora está xubilado da súa labor docente, pero segue a estar moi activo como investigador. Proba delo é esta nova publicación que proximamente tamén poderedes consultar nos estantes da biblioteca do Porriño.
Moi recomendable. A entrada á presentación será libre ata completar aforo.
*Foto: Óscar Vázquez, La Voz de Galicia