Esta semana quedou instalado o novo mobiliario na sala xeral da biblioteca. Mesas máis amplas e cadeiras máis cómodas para todo o espazo. Ademais, agora todos os postos contan con luz e conexión eléctrica para os vosos portátiles, tablets ou móbiles.
En fin, unha inversión importante para mellorar o servizo na sala xeral. De seguro que toda a xente que ven a aprender e traballar na nosa biblioteca se atopará moito máis cómoda a partir de agora.