Contacontos: Amodo, amodiño

trecola

Este xoves 21 de marzo ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará a compañía Trécola Teatro, coa obra Amodo, amodiño.

Miska e Muska son dúas grandes amigas unidas por unha paixón común: a bicicleta. Tras un inesperado reencontro, comezarán a rememorar historias que viviron xuntas: cando se coñeceron, nunha tola viaxe polo mundo; de Lolo, que aprendeu a montar só; da pita Amelia, que quería uns patíns; ou da peculiar carreira entre unha lebre e unha tartaruga.

Entrada libre ata completar aforo
Duración: 40 min.
Idade recomendada: 4-10 anos

*Fotografía tomada de La Voz de Galicia.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s