Este xoves 28 de marzo ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará o autor Anxo Fariña, coa función Gliz. O pastor de nubes e o pintor de flores.
Gliz é un can de palleiro que vive nunha casa-árbore cunha familia de nubes. Nese mundo tan especial as flores perden as súas cores pola noite, e Matís (o pintor de flores) é o encargado de pintalas de novo. ¡Pero un día manca unha man! Unha narración oral con divertidos xogos motrices e con debuxo en directo do escritor e ilustrador Anxo Fariña.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 45 min.
Idade recomendada: 3-6 anos
*fotografía Miguel Souto (La Voz de Galicia)