Este xoves 4 de abril ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará o autor Fátima Fernández, cunha orixinal representación de Contos Pop-Up.
Desprega a túa imaxinación, déixate levar pola voz e por esas obras de enxeñería de papel que son os contos pop-up. Os elementos animados invítannos a participar activamente coa historia e mesmo co libro como obxecto.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 60 min.
Idade recomendada: 4-16 anos