Seleccionamos para vós as novelas máis destacadas do ano 2018. Sabemos que as nosas usuarias e usuarios agradecen as seleccións de novelas que facemos periodicamente, para recomendarlles obras destacadas, seleccionadas entre os milleiros de libros que forman a nosa colección. De feito, a sección de novidades xunto coas seleccións que facemos, rexistran o maior número de movementos de toda a biblioteca.
Tendo en conta o éxito que tivo (e segue a ter..) a selección de destacados do 2017, xa lle tocaba a quenda a unha nova selección coas obras máis destacadas do ano 2018. Nela, propoñémosvos as 47 novelas máis salientables do ano, unha selección propia das obras máis pedidas, máis vendidas, máis reseñadas e das que máis se falou durante o ano pasado.
Podedes atopar a selección no estante pegado ao mostrador de tránsito da biblioteca, para que non levedes nin o traballo de entrar á sala e podades escoller nun momento.