Xa sabedes que estamos constantemente actualizando a nosa colección, incorporando novidades, actualizando o fondo, completando series, etc. Hoxe queremos informar sobre novas incorporacións na sección infantil.
As series infantís arrasan entre as nosas lectoras e lectores máis pequenos, polo que tentamos estar sempre ao día. Deste xeito:
Incorporamos novas coleccións de libros infantís. Entre elas:
- Colección “Sara y las goleadoras“, de Laura Gallego e Laia López. Rapazas futbolistas.
- Colección “Elashow“, da mocísima youtuber homónima.
- Colección “Los gemelos Tapper“, de Geoff Rodkey. Arrasan!
Tamén completamos coleccións que xa tiñamos coas últimas publicacións, como:
- El secreto de las hadas de los Cristales. Nova publicación do Club de Tea.
- La Torre de Oro. Libro V da saga Magisterium.
- Misterio en el internado. Libro 5 da serie La diversión de Martina.
- Wigetta y las isla de Mumúchumu. Volume número 11 da colección de Wigetta.