Este xoves 11 de abril ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Luis Prego, coa actividade para bebés nais e pais, Prende no colo.
Prende no colo é un obradoiro didáctico para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos. Traballarase con cantigas, cancións, xogos de dedos, poemas e outras pezas cheas de ritmo e melodía a partir de temas tradicionais galegos. O obradoiro servirá de base para que as familias poidan cantar e xogar despois nas súas casas. Aprenderemos cancións de berce e xogos para favorecer a aprendizaxe e a transmisión das nosas tradicións e da nosa lingua, desde cancións para aprender as partes do corpo, a xogos de descubrimento e recitados sinxelos.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 60 min.
Idade recomendada: 0-3 anos