Integración e igualdade

espanolInmigrantes

O noso curso de español para inmigrantes hai tempo que colgou o cartel de completo. Desde o mes de marzo a xuño, durante dous días á semana, un entusiasta grupo de persoas achégase á biblioteca para aprender a falar e escribir no idioma español.

Trátase dun grupo de vinte mulleres, procedentes de países como Marrocos, Alxeria, Malí ou Senegal. Porriñesas que chegaron doutros países e que non teñen moitas oportunidades de aprender o idioma, xa que non acceden ao sistema educativo (como no caso dos seus pequenos) e non soen ter as mesmas oportunidades de socialización (como no caso dos homes).

Un exemplo máis de que as bibliotecas son integradoras e contribúen á cohesión social. E o facemos a través de actividades formativas, a través do coñecemento das linguas e dos idiomas, pero tamén a través da nosa labor de crear comunidades, unir á xente, facilitar a igualdade de oportunidades e empoderar ás nosas cidadás e cidadáns, na medida das nosas posibilidades.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s