Este xoves 25 de abril ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Pedro Brandariz, coa actividade Os Contos do Grúfalo.
Trátase dun espectáculo de narración oral protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais no bosque. Todos o queren papar, pero de todos eles consegue salvarse con moita astucia e recurrendo a un ser imaxinario: o Grúfalo. Unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal…
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 50 min.
Idade recomendada: 4-10 anos