Feira do Libro

feira-do-libro

Xa está en marcha a Feira do Libro do Porriño. Trátase dun evento que organizamos por cuarto ano consecutivo e que este ano se celebrará entre o xoves 9 e domingo 12 de maio. Unha feira que poñemos en marcha xunto coa Federación de Librarías de Galicia co obxecto de darlle visibilidade ao libro e conectar ao cidadán co traballo das librarías. Para iso, sacaremos o libro á rúa, desenvolvendo distintas actividades paralelas para todos os públicos.

Así, ao longo deses 4 días teremos unha morea de actividades: presentación e sinatura de libros, contacontos, música, máxia, visitas, ciencia para cativos e outras actividades. Todo un amplo programa articulado arredor da animación á lectura e a promoción do libro para que O Porriño volva a ser epicentro galego do libro.

A feira estará aberta na praza do Concello e Rúa Ramón González en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e tarde (de 17:00 a 21:00 horas). Ademais das diferentes actividades, estarán instaladas as casetas das librarías porriñesas Copi-Rey, Paz e Recondo, xunto con outras como libraría Lafer, Cortizas ou Don Papel. Alí poderedes comprar os vosos libros cun 10% de desconto, e distintos autores e autoras estarán asinando as súas obras.

A programación da Feira do Libro do Porriño é a seguinte:

 

XOVES 9 DE MAIO

18:00 Actividade para bebés: Dondondiringonga, con Charo Pita (de 0-3 anos)

19:00 Actuación musical: co Grupo Tradicional da Escola Municipal de Música do Porriño

19:30 Acto de inauguración da feira: con pregón da escritora Clara do Roxo

20:00 Presentación de libro: Actrices secundarias, de Clara do Roxo (Elvira Editorial)

 

VENRES 10 DE MAIO

18:00 Espectáculo de maxia: con Kiko Pastur, polo Concello do Porriño

19:00 Presentación de libro: Hotel para coleccionistas discretos, de Diego Giráldez (Editorial Galaxia)

20:00 Presentación de libro: A formiga no carreiro, de Raquel Castro (Editorial Galaxia)

 

SÁBADO 11 DE MAIO

12:00 Sinatura de libros: María Soliño asina Cuando deje llover na caseta da libraría Paz

12:00 Actividade infantil: O Nautilus de Xulio Verne, por Ciencia en Movemento

17:00 Sinatura de libros: María Soliño asina Cuando deje llover na caseta da libraría Paz

18:00 Sinatura de libros: Yesica Prol Cid asina El guardabosques na caseta de Copi-Rey

18:30 Actuación musical: concerto-presentación de Canta miña pedra canta, con Xoán Curiel (Editorial Galaxia)

19:30 Coloquio: Antonio Palacios, patrimonio e historia, con Xosé Ramón Iglesias Veiga e Xosé Ramón Paz Antón

 

DOMINGO 12 DE MAIO

12:00 Actividade infantil e xuvenil: Deseño de persoaxe de banda deseñada en 3 pasos, con María Vilar

12:00 Sinatura de libros: Sonia Mirón asina Mi corazón en una caja de zapatos na caseta de Copi-Rey

17:00 Sinatura de libros: Olga Alonso asina Los sueños rotos na caseta da libraría Paz

18:30 Actuación musical: concerto-presentación de Cantamos, de Luís Valecillo (Guindastre Edicións). Posterior sinatura de libros na caseta da Secretaría

19:30 Sinatura de libros: Ledicia Costas asina Infamia e outros libros na caseta da Secretaría


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s