Este xoves 9 de maio ás 18:00 horas temos unha actividade para bebés dentro da programación da nosa Contateca, que excepcionalmente se celebrará na Feira do Libro do Porriño. Actuará Charo Pita coa actividade Dondondirindonga e Dondondirindón.
Dondondirindonga e Dondondirindon son dúas campás que viven no alto dunha torre. Todo o mundo coñece o seu cantar, pero un día as campás enmudecen. Quen será capaz de devolverlles a voz?
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 30 min.
Idade recomendada: 0-3 anos