Este xoves 23 de maio ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Cris de Caldas coa función Eu conto, ti contas… elas contan.
Trátase dun contacontos de igualdade. Princesas valentes, mulleres que fan maxia con frecuencia, mulleres artistas… e mulleres de conto tan especiais como María Victoria Moreno. Contos con mulleres, e sobre todo contos de e sobre mulleres.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 45 min.
Idade recomendada: 4-12 anos