Este xoves 30 de maio ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará Galetatro coa función Comechíns, segundo prato.
Mergullarémonos nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos, e os que non o son tanto, descubrirán como a lectura pode abrir o apetito… E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 40 min.
Idade recomendada: 4-12 anos