Este xoves 13 de xuño ás 18:00 horas temos unha nova actividade dentro da programación da nosa Contateca. Actuará a compañía Trinke-trinke Teatro coa función Paxariños…
Vanessa ten un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos amosa saia un paxariño. A banda sonora deste contacontos teatral é obra orixinal do compositor coruñés Tito Barbeito.
Entrada libre ata completar aforo
Duración: 35 min.
Idade recomendada: 0-3 anos