Novas bibliotecas na rede

bibliotecasnova

Amplíase a Rede de Bibliotecas de Galicia-Koha. O cal significa que poderedes usar o voso carné da biblioteca do Porriño, en igualdade de condicións, nun maior número de centros bibliotecarios por toda Galicia.

Despois da fase inicial de creación da rede, e da Fase-II na que entramos nós xunto cun gran número doutros centros, a Rede de Bibliotecas de Galicia aproveita este verán para acometer unha Fase-III na que se incorporarán outros 80 centros bibliotecarios da nosa comunidade. Esta fase III está en pleno desenvolvemento, polo que as novas bibliotecas irán incorporándose gradualmente (aquí tedes a relación completa das novas incorporacións).

Cabe destacar que, no noso entorno, incorpóranse as bibliotecas municipais de Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra, Mondariz e Mondariz-Balneario.

Dende aquí queremos darlle a benvida ás novas bibliotecas compañeiras da rede, e ás súas persoas usuarias, que a partir de agora tamén son usuarias da Biblioteca do Porriño.

Falando da provincia de Pontevedra, a día de hoxe o panorama da Rede de Bibliotecas de Galicia é o seguinte:

PONTE-REDE

BIBLIOTECAS DA REDE (Fase I e Fase II, en verde)

– O Porriño
– Vigo
– Mos
– Ponteareas
– Mondariz
– Redondela
– Baiona
– Nigrán
– Pontevedra
– Moaña
– Cangas
– Bueu
– Marín
– Sanxenxo
– O Grove
– Marín

NOVAS BIBLIOTECAS XA INCORPORADAS (Fase III, en azul):

– Caldas de Reis – B.P.M. “Padre Manuel Martínez Ferro”
– Cañiza, A – A.L.M. de Valeixe
– Cañiza, A. – B.P.M. de A Cañiza
– Catoira – B.P.M. de Catoira
– Poio – B.P.M. de Poio
– Salceda de Caselas – B.P.M. Alfonso D. Rodríguez Castelao
– Tui – B.P.M. de Tui

NOVAS BIBLIOTECAS DE PRÓXIMA INCORPORACIÓN (Fase III, en azul):

– Cambados – A.L.M. C.S.C. Gumersindo Márquez
– Cambados – A.L.M. de Vilariño
– Cambados – B.P.M. de Cambados
– Cerdedo-Cotobade – B.P.M. de Carballedo
– Cerdedo-Cotobade – B.P.M. de Tenorio
– Cerdedo-Cotobade – BPM Rodríguez Fraiz
– Covelo, O – B.P.M. de O Covelo
– Cuntis – B.P.M. “Roberto Blanco Torres”
– Meis – B.P.M. de Meis
– Mondariz-Balneario – B.P.M. de Mondariz-Balneario
– Ribadumia – B.P.M. de Ribadumia
– Salvaterra do Miño – B.P.M. de Salvaterra do Miño
– Soutomaior – B.P.M. de Soutomaior
– Vila de Cruces – B.P.M “Neira Vilas”
– Vilagarcía de Arousa – A.L.M. de Bamio
– Vilagarcía de Arousa – A.L.M. de Carril
– Vilagarcía de Arousa – A.L.M. de Vilaxoán
– Vilagarcía de Arousa – B.P.M. “Rosalía de Castro”

*imaxe do mapa tomada de: Emilio Gómez Fernández [CC BY-SA 3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/)]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s