Sección Amazon “Outras persoas tamén viron”

IMG_20190805_170314671

A semana pasada enterámonos de que Amazon vai a abrir un centro loxístico no Porriño. E como nos gusta a competencia san, acabamos de crear na biblio un novo centro de interese que rivalice coa coñecida sección de Amazon BooksLos clientes que compraron este producto también compraron“.

Máis alá da gracia, desde a biblioteca seguimos traballando para buscar novas formas de facervos máis fácil a elección das vosas próximas lecturas. Unha disciplina que no mundo das bibliotecas coñecemos como “descubrilidade”. Tanto a Amazon, como a nós, como ao mundo da descubrilidade, parécenos que vos pode resultar interesante escoller entre os libros que a outras usuarias e usuarios lles pareceron interesantes e levaron en préstamo. Así que nesta sección, que xa está disposta no mostrador de tránsito, colocaremos algúns dos libros que acaban de ser devoltos para que teñades outra posibilidade de escoller entre os milleiros de volumes da nosa colección.

Sabemos que a oferta de publicacións é enorme, e que moitos de vós agradeces unha orientación para escoller, algún tipo de filtro, de proposta. Por iso seguimos creando seccións e seleccións que vos axuden (novidades, destacados do ano e de anos anteriores, seleccións temáticas…) que tan absolutamente ben están a funcionar.

En total, desde aquí dámoslle a benvida a Amazon ao Porriño, coa tranquilidade de saber que para as bibliotecas o rival xa non está no libro electrónico (que temos incorporado á nosa oferta), senón en Spotify e Netflix.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s