8 pelis infantís que molan

pelisinfantiles

O cine infantil soe ter moi mala prensa. Supoño que moitas persoas o interpretan como puro entretemento, como un recurso que as nais e pais temos para manter as criaturas nun transitorio estado de aletargamento que nos permita facer as nosas cousas na casa. Algo diso tamén pode darse, pero o certo é que hai pelis infantís que molan moito, e que poden ser un recurso tan bo como outro calquera (ou mellor, dada a fascinación que exercen neste mundo da imaxe que creamos os maiores) para transmitir valores, ou sinxelamente para consumir grandes historias.

Velaquí unha selección de 8 pelis infantís que molan moito, e que para nada son puro entretemento. Son moito máis que entretemento, e as podedes atopar na nosa biblioteca.


O MEU VECIÑO TOTORO (Hayao Miyazaki, 1988)

totoroConta a historia de dúas nenas que se mudan a un pequeno pobo xaponés co seu pai, mentres a súa nai permanece convalecente no hospital. Alí coñecerán a un espírito do bosque ao que chaman Totoro e a un conxunto de criaturas estupendas, coas que vivirán algunha que outra aventura.

O que mola da peli é a súa renuncia ao dramatismo, a pesar da ausencia da nai, enferma, e do pai, que entre o traballo e as visitas ao hospital case non ten tempo de estar coas súas fillas. Tamén, que permite que as nenas se comporten como nenas e que os monstros do bosques sexan seres cariñosos e simpáticos. Por suposto, tamén mola que se pretenda mostrar a maxia que habita nos bosques.

Enlace ao catálogo


DO REVÉS, “Inside out” (Peter Docter e Ronnie del Carmen, 2015)

inside outRiley é unha nena que goza ou padece toda clase de sentimentos. Aínda que a súa vida estivo marcada pola Alegría, tamén se viu afectada por outro tipo de emocións. O que Riley non entende moi ben é por que razón ten que existir a Tristeza na súa vida. Unha serie de acontecementos farán que Alegría e Tristeza se misturen nunha perigosa aventura que volteará o mundo de Riley.

Unha película orixinal e sorprendente que explica os conflitos interiores de calquera persoa desde unha perspectiva divertida, creativa, transcendente e emotiva.

Enlace ao catálogo


BUSCANDO A NEMO (Andrew Stanton e Lee Unkrich, 2003)

nemoO peixiño Nemo, que é fillo único, é moi querido e protexido polo seu pai. Despois de ser capturado nun arrecife australiano vai parar a un acuario da oficina dun dentista de Sidney. O seu tímido pai emprenderá unha perigosa aventura para rescatalo. Pero Nemo e os seus novos amigos tamén teñen un astuto plan para escapar do acuario e volver ao mar.

Unha fervenza de sensacións e emocións narradas con mestría, nunha aventura acuática imprescindible. Ademais, Nemo é un peixe con algunha discapacidade funcional, xa que o seu ovo de nacemento estaba roto.

Enlace ao catálogo


BICHOS (John Lasseter e Andrew Stanton, 1998)

bichosUn grupo de saltóns asalta cada verán a colonia de formigas onde vive Flick, para apropiarse das provisións que recolleron ao longo do inverno. Un día, Flick abandona o formigueiro e parte na busca de insectos guerreiros que lles axuden a defenderse dos temibles saltóns, pero, ao final, acaba recrutando a unha troupe circense.

Unha película de gran comicidade e ritmo áxil, protagonizada por un antiheroe. O argumento está inspirado na fábula da cigarra e a formiga de Esopo, e destaca a importancia da solidariedade.

Enlace ao catálogo


OS NENOS LOBO, “Wolf children” (Mamoru Hosoda, 2012)

loboCando era pouco máis que unha adolescente, Hana namorouse dun home lobo. Pode resultar estraño, pero durante anos foron inmensamente felices e tiveron dúas criaturas: Yuki e Ame, que naceron tamén coa capacidade de converterse en lobos. Tras a repentina morte do seu compañeiro, Hana decide mudarse ao campo para así criar ás súas criaturas nun entorno tranquilo, onde as súas extraordinarias facultades non sexan descubertas. Sen embargo, ao crecer, Yuki e Ame deberán decidir se queren vivir como humanos ou coma lobos.

Unha peli de gran intensidade emocional, encantadoramente romántica no seu corazón e co espírito dos mellores contos góticos. Unha historia sobre ser diferente.

Enlace ao catálogo


TROLLS (Mike Mitchell, 2016)

trollsOs Trolls son criaturas felices con peiteados de cores, aos que lle gusta cantar, bailar e facer festas todo o día. Pero teñen unha gran ameaza: os Bergens, uns seres que gustan de alimentarse deles. Un día, os Bergens chegarán a converterse nun grave problema.  A líder dos Trolls, Poppy, terá que embarcarse nunha misión de rescate que a levará moi lonxe do único mundo que sempre coñeceu.

Esta comedia musical de aventuras destila bo rollo por todos os seus fotogramas.

Enlace ao catálogo


A VIAXE DE CHIHIRO (Hayao Miyazaki, 2001)

chihiroA peli narra a historia dunha nena de doce anos chamada Chihiro, quen durante unha mudanza vese atrapada nun mundo máxico e sobrenatural, tendo como misión buscar a súa liberdade e a dos seus pais, e así poder regresar ao seu mundo.

Unha peli sobre o respecto polas tradicións e o valor das raíces desde o século XXI. Unha película de esperanza, sobre unha xeración que ten que aceptar o seu pasado, e cunha heroína representada por unha nena normal e corrente.

Enlace ao catálogo


MULÁN (Barry Cook e Tony Bancroft, 1998)

mulanMulan, unha moza chinesa filla única da familia Fa, en lugar de buscar noivo, como as súas amigas, trata por todos os medios de alistarse no exército imperial para evitar que o seu ancián pai sexa chamado a filas para defender ao emperador do acoso dos Hunos. Cando o emisario imperial leva a cabo a orde de recrutar aos varóns de todas as familias, Mulan farase pasar por un soldado home e se someterá a un duro entrenamento ata facerse merecedora da estima e da confianza do resto da milicia.

Fermosamente animada e contada de forma emocionante, é unha historia atemporal coa que gozarán públicos de todas as idades coa súa grande amplitude, a súa intimidade emocional e o seu humor aloucado. Ademais, Mulan é unha crítica aos tópicos machistas sobre o papel da muller na sociedade, cunha mensaxe moi necesaria nos tempos que corren.

Enlace ao catálogo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s