Abrimos inscricións para as actividades formativas do último trimestre do ano. Ao longo do 2019 a Biblioteca do Porriño desenvolve un amplo programa de actividades relacionadas coa “aprendizaxe permanente”. Trátase de accións formativas non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante.
Nese marco organizamos un “Curso básico para aprender a falar en público“, que se celebrará durante o mes de outubro, os venres de 17:30 a 20:00 horas na biblioteca do Porriño. Esta actividade está dirixida a todas as persoas que desexen mellorar a súa capacidade comunicativa ante grupos, ou para quen necesite expoñer traballos finais de carreira, ante xuntas directivas, etc.
Falar en público vai moito máis alá da mensaxe que se quere transmitir, pois a capacidade para facer chegar unha idea ou concepto céntrase en moitos máis aspectos, como poden ser o noso xeito de expresarnos, a linguaxe corporal, captar a atención do público… O obxectivo deste curso é ensinar as ferramentas necesarias para reducir o medo e a tensión, e desenvolver habilidades sociais na comunicación interpersoal. O curso fundaméntase na aprendizaxe entre todas as persoas participantes, na experiencia práctica con dinámicas de grupo e exercicios de simulacións, no que a teoría vaise extraendo da práctica.
A actividade formativa, impartida por Llerena Perozo Porteiro, especialista en teoría e práctica da comunicación, desenvolverase durante os venres do mes de outubro (4, 11, 18 e 25). Trátase dun curso para un grupo reducido dun máximo de 18 persoas. É necesario inscrición previa (de forma presencial na biblioteca, ou a través do teléfono 986337624) e a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. Como sempre, terán preferencia as persoas empadroadas no Porriño.
*Photo by Priscilla Du Preez on Unsplash
One thought on “Curso para aprender a falar en público”