O mapa da renda do Porriño

renta

O Instituto Nacional de Estadística (INE), acaba de publicar os datos da renda media por persoa e fogar a nivel de barrios, unindo os datos do censo coa información da Agencia Tributaria. Con estes datos, o xornal creou un práctico mapa de visualización, que nos permite comprobar as diferencias de ingresos barrio por barrio, tanto de ingresos por persoa como de ingresos por fogar.

No caso do Porriño destaca a gran diversidade de ingresos entre unhas zonas e outras. Os fogares con maiores ingresos por persoa (11.419€) están situados nunha área que comprende a parroquia de Cans e diversas zonas do centro (Malladoura, Os Currás, Gulpilleira, Sequeiras…). Mentres que as persoas con menores ingresos, case a metade, residen nos polígonos de Torneiros (6.893€).

Aí van os datos concretos, ordenados por zonas de maior a menor tendo en conta os ingresos por persoa.


 

ZONAS: INGRESOS POR PERSOA / INGRESOS POR FOGAR

1. Cans e O Porriño-centro (Malladoura, Os Currás, Gulpilleira, Sequeiras…): 11.419€ / 30.309€

2. O Porriño-Centro (Aviseiro, Sol, pavillón…): 11.058€ / 28.921€

3. Carracido e O Porriño-Centro (Ramiranes, Avda de Galicia oeste…): 10.929€ / 25.822€

4. O Porriño-Centro: 9.780€ / 24.796€

5. Mosende e Chenlo: 9.214€ / 28.297€

6. Budiño: 9.182€ / 26.115€

7. Atios: 8.873€ / 27.373€

8. Pontellas: 8.808€ / 28.396€

9. Torneiros (Contrasto, A Mota…): 8.592€ / 25.928€

10. Torneiros norte: 8.318€ / 24.144€

11. Torneiros polígonos: 6.893€ / 17.448€


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s