As Festas do Cristo do 1947

portada

Xa están aquí as Festas do Cristo do 2019! Unhas festas que teñen evolucionado moitísimo co tempo. Como proba, hoxe escaneamos e publicamos na web un interesante documento procedente do noso Fondo Local: un extracto do folleto das Festas do Cristo de 1947.

Hai 72 anos esta celebración tiña un carácter moi distinto ao actual. Eran festexos máis humildes. Organizados polo Concello, a Hermandad de Labradores e Industria e Comercio do Porriño, se celebraron os días 20, 27, 28 e 29 de setembro de 1947, e consistían nunha sucesión de actos principalmente relixiosos e musicais. Naquel ano houbo concertos e pasacalles da Banda da Academia de Suboficiales de Madrid, da Banda Municipal de Santiago e da Banda Unión Musical de Coruxo. Fogos de lucería fixa e “voladora”, e bombas de palenque; un partido de fútbol entre Redondela F.C. e Zeltia do Porriño, e paseos de moda.

Como curiosidade, a comisión de festas estaba formada por José González y González, Antonio Troncoso Troncoso, Avelino Fernández Castro, Enrique Carrera Fernández, Manuel Cabaleiro Rodríguez, Albino Alonso Pérez, Leandro Diz Rey, Ramón Fernández Ben e Inocencia Domínguez Giráldez.

Como temos dito, na biblioteca conservamos integramente este documento de 70 páxinas, nun orixinal formato apaisado de 10×20 cms de cubertas rosas e publicidade do desaparecido Cine Roxy, “La pantalla de los éxitos”. Nese extenso programa publicitario, ademais da programación da festa se incluía un extenso repertorio de anuncios publicitarios de diversos establecementos da comarca, que hoxe en día actúa como un fresco vivo do comercio porriñés de mediados do século XX.

Podedes consultar este extracto premendo neste enlace ou directamente aquí:


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s