Infografía sobre consumo

caducidade_consumopreferente

Segundo o último informe da Asociación de Fabricantes e Distribuidores (AECOC), titulado “Hábitos de aproveitamento dos alimentos nos fogares españois”, en España aínda existe unha enorme confusión entre a data de caducidade e a de consumo preferente:

  • O 40% dos consumidores españois confunde a data de caducidade co consumo preferente
  • Un 43% pensa que un produto caducado é seguro, e un 73% come produtos caducados

Ademais, destacan dous datos especialmente preocupantes ao respecto:

  • En España desperdiciamos 26 millóns de kgs de comida á semana (2018)
  • O desperdicio dos alimentos é responsable de entre o 8% e 10% de todas as emisións de efecto invernadoiro.

Na biblioteca do Porriño, estamos implicados na alfabetización cidadán, a información e a promoción de hábitos de consumo sustentables. Por iso queremos contribuír mediante a publicación e difusión desta infografía que aclara ambos conceptos.

Con elo, de novo, nos posicionamos na promoción da implementación da axenda 2030, colaborando aos obxectivos de desenvolvemento sustentable da ONU, concretamente na promoción do acceso público á información sobre saúde e benestar para contribuir a que as persoas e as familias conserven a súa saúde (ODS 3).


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s